A
sociedade MOSQUERA VILLAVIDAL,S.L.
nace no año 1990 no ámbito familiar como herdeira dun serradero con mais de 70
anos de antigüidade, unha das pequenas industrias que salpicaban o interior da
provincia de Ourense no pasado século e que contribuiron a crear a sua tradición
como zona madereira e sobradamente coñecida polos recursos dos seus montes.
Nos seus comezos a sua
principal actividade era o aserrado de madeira, iniciándose no monte
seleccionando a materia prima; pero co paso do tempo e atendendo as necesidades
do mercado a empresa introduxose no tratado da madeira.
O
seu maior obxetivo é dar ós seus clientes o mellor servicio e o máximo
valor engadido no sector da madeira aplicando os avances da tecnoloxía, o
que leva a MOSQUERAVILLAVIDAL,S.L. a ser unha das empresas
pioneiras no tratado da madeira cun merecido recoñecemento dentro do sector,
intervindo en innumerables obras e proxectos de todo tipo, sendo a sua garantia
máis importante a seriedade con que se compromete a realizar todos os seus
traballos. Na actualidade a nosa área de influencia abarca xa todo o territorio
nacional e estamos tentando introducirnos no mercado internacional iniciándonos
en Portugal debido a proximidade xeográfica.
MOSQUERA
VILLAVIDAL,S.L.
conta cun grupo de profesionais cualificados para os seus postos, desenrolando
unha labor importante pois o seu esforzo e ilusión axuda ó crecemento da
empresa. Dita plantilla está distribuida nos traballos de corte no monte,
fábrica e montaxe de obras.
MOSQUERA
VILLAVIDAL, S.L.
aposta dende os seus inicios pola calidade e o respecto o medio ambiente,
compromisos acreditados cas certificacións de
calidade,
norma UNE-EN-ISO 9001:2000 certificado número 4703, e medio
ambiente, UNE-EN-ISO- 14001:2004, certificado número 874, así como
os certificados de cadea de custodia, CdC, para a xestión forestal
sostible PEFC,
certificado número 14-32-00013. Así como o certificado de tratamentos
fitosanitarios para embalaxes da norma NIMF-15 da FAO, certificado número
ES-32-0002.
Hoxe en día a empresa
conta nas suas instalacións cunha superficie de 30.000 m2 dos cales 25.000 m2
pertencen ó almacenamento de materias primas e os 5.000 restantes pertencen ós
distintos departamentos de: producción, tratamento, carpintería e almacenamento
de productos rematados sen deixar de mencionar que en cada un deles contan ca
máis moderna tecnoloxía como varios secadeiros totalmente automatizados cunha
capacidade de 150 m3, un autoclave de 11 m totalmente controlado por ordenador,
liña de pelado e mecanizado de estacas, etc.
En MOSQUERA VILLAVIDAL,S.L. somos fieis ó
noso compromiso, dar a coñecer o mundo da madeira tratada e as suas aplicacións.
Este catálogo é so unha introducción, o noso equipo técnico queda a sua enteira
disposición para asesoralo persoalmente, tanto en pequenos traballos
particulares como en grandes obras profesionais.
ANEXO I
DECLARACION DA DIRECCIÓN
A Dirección de MOSQUERA VILLAVIDAL, SL
debido á sua decisión de implementar un Sistema de Xestión de cadea de custodia
de productos forestais de acordo co documento Normativo Cadea de Custodia de
Productos Forestais “Requisitos” elaborou un sistema que integra na empresa uns
requisitos cos que pretende satisfacer as esixencias e requisitos que se derivan
desta norma.
Así mesmo, a Dirección de MOSQUERA VILLAVIDAL, SL
comprometese a aportar os medios e recursos necesarios para que as directrices
establecidas polo sistema sexan difundidos a todo o persoal da empresa para o
seu coñecemento e entendemento e a que sexan implementados para comprobar a sua
efectividad. Da mesma maneira promoverase que o sistema seguido pola empresa
sexa tamén de coñecemento público poñendoo en coñecemento de clientes e
proveedores para o coñecemento do propósito da compañía en todolos ámbitos.
A Dirección de MOSQUERA VILLAVIDAL, SL
comprometese a que se determinen os requisitos do cliente que solicita madeira
certificada e se cumpla con eles. Así mesmo cumplirase e esixirá ós seus
proveedores compromisos xurados que evidencien o cumplimento dos requisitos de
madeira procedente dunha xestión sostible para poder seguir a cadea ó seu paso
pola nosa empresa.
Para conseguir que esta implementación sexa eficaz, precisase da participación
de todolos recursos dispoñibles de MOSQUERA
VILLAVIDAL, SL, tanto humanos como técnicos.
A Dirección de MOSQUERA VILLAVIDAL, SL é a máxima responsable de velar polo bo
funcionamento e desenrolo do Sistema que toma como base a filosofía dunha
mellora continua, obtida a través de métodos de seguimiento do proceso de cadea
de custodia polas nosas actividades.